Friday 03 de May de 2024

A Banda de Música Isabel II de Touro, acompañada da Banda de Calo, celebraron Santa Icía cun concerto


A Banda de Música Isabel II de Touro ofreceu o pasado domingo o Concerto de Santa Icía, patrona de música que hoxe día 22 de novembro é o seu día. Esta é xa unha cita clásica no calendario musical do Concello de Touro. A música e a propia Banda foron as protagonistas da xornada. No concerto tamén participou a Banda de Música de Calo. O pasado domingo achegáronse ata a Sala de Festas Dona Dana, en Fonte Díaz, numeroso público, tanto veciños coma forasteiros. E os afeccionados á boa música poideron escoitar un fermoso concerto con pezas tradicionais. Na organización da cita musical colaboraron, ademáis do Concello de Touro, a Deputación da Coruña e a Federación Galega de Bandas de Música Populares. O concertó estivo organizado pola Asociación Banda de Música Isabel II de Touro.